Traballo

Publicacións, charlas e software.

Publicacións

  1. Publicación2026

    Inventarios criptográficos para una migración postcuántica ágil y segura

    Juan Banga Pardo, Santiago de Vicente Poutás, Xavier Martínez Luaña · RECSI 2026 · pp. 194–199

    Un marco para inventarios criptográficos que combina descubrimento automatizado, análise estática e dinámica, monitorización pasiva e consolidación mediante CBOM.

Charlas

  1. Charla2025

    Visibilidad total, agilidad real

    XIX Jornadas STIC CCN-CERT · 27.11.2025

    Descubrimento criptográfico, inventarios e metodoloxías para unha transición segura á criptografía poscuántica. Desde identificar algoritmos, claves e protocolos ata planificar a migración.

  2. Charla2019

    Pulse aquí para optimizar su PC un 101%

    XXXIII Jornadas Técnicas del GUL · UC3M · 19.02.2019

    Unha charla práctica sobre optimización do rendemento e consumo enerxético en sistemas GNU/Linux, con avaliación de configuracións e posibles melloras.

Proxectos

  1. Proxecto

    WepSIM · RISC-V

    RISC-V · Educación · Microarquitectura

    Contribuín cun microprocesador RISC-V ao simulador didáctico WepSIM, implementando a arquitectura, a microprogramación e o soporte de compilador/ensamblador. Foi o meu traballo de fin de mestrado na UC3M.

  2. Proxecto

    pkcs11-stack

    Rust · PKCS#11 · TLS

    Bibliotecas en Rust e unha ferramenta de liña de comandos para xestionar tokens PKCS#11 e módulos de seguridade hardware, asinar mensaxes e usar claves dos tokens para autenticación TLS con rustls.

  3. Proxecto

    denywhy

    Rust · Linux · Diagnóstico de permisos

    Rastrexa comandos de Linux para explicar fallos de permisos, comprobando permisos de ficheiros, ACL, capacidades, opcións de montaxe e rexistros de auditoría de seguridade dispoñibles.

  4. Proxecto

    watchdoctor

    Rust · Linux · inotify

    Diagnostica o esgotamento dos recursos de vixilancia de ficheiros en Linux, identificando os procesos que manteñen instancias e vixilancias de inotify e comparando o uso cos límites de inotify e de descritores de ficheiro.

  5. Proxecto

    cargo-unsafe-surface

    Rust · Análise estática · FFI

    Un subcomando de Cargo que estima que operacións unsafe e chamadas FFI son alcanzables desde os puntos de entrada de Rust, amosando as rutas de chamadas e as chamadas sen resolver.

  6. Proxecto

    binport

    Rust · Linux · ELF

    Unha ferramenta para comprobar a compatibilidade ABI de binarios ELF de Linux con distribucións de destino.

  7. Proxecto

    cryptopals-plusplus

    C++ · Criptografía aplicada

    Implementacións en C++ dos desafíos criptográficos de Cryptopals, para explorar construcións criptográficas e ataques.